Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui brindou por San Telmo coa excelencia das pequenas producións vitivinícolas e a gastronomía km0

10/04/2026

Tui comezou ás festas de San Telmo, na fin de semana pasada, brindando cos produtos vitivinícolas de pequenos produtores das dúas beiras do Miño no V Encontro de Viños da Raia. Unha cita en gastronómica que crece edición a edicións e que en moi pouco tempo se consolidou dentro do programa festiva da cidade.

Na fin de semana foron 17 as adegas participantes no evento, que xunto aos postos de comida con xamón, queixo, conservas, e outros produtos conquistaron a miles de padais.  Na parte gastronómica a ostra, novidade nesta edición, contou cunha gran acollida chegando a esgotarse as existencias dispoñibles.

O V Encontro de Viños da Raia foi amais un punto de encontro entorno ao bo facer, o coidado, o respecto pola terra, e aposta polo máis cercano, que se traduce en viños brancos, tintos e espumosos singulares e únicos.

A música maridou tamén á perfección coa proposta de viños e petiscos na tarde do sábado co espectáculo musical de Juanjo Figueroa. Mentres Ángel García, cociñeiro do Restaurante O Bartolo, sorprendeu ao público con frescas e coidadas elaboracións repletas de saborosos matices.

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, realiza unha valoración moi positiva desta edición do Encontro de Viños da Raia sinalando que este evento volveu “demostrar o enorme potencial que ten Tui como destino gastronómico e enoturístico de referencia.” No Encontro non só se pon en valor o traballo das pequenas adegas das dúas beiras do Miño, “senón tamén a aposta polo produto de proximidade, sostible e de gran calidade, que é unha das nosas sinais de identidade” engadiu Ana Nuñez.

Avanzou a concelleira de Turismo que  “seguiremos traballando para que iniciativas como esta sigan medrando, reforzando a colaboración transfronteiriza e ofrecendo experiencias únicas tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan.”