Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle a presentación da 50ª Feira do Cocido de Lalín

15/01/2018

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña -acompañado do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín- realizará mañá a presentación oficial aos medios de comunicación da edición número 50 da Feira do Cocido de Lalín, que terá o seu día grande o vindeiro 4 de febreiro.

A presentación terá lugar mañá, martes día 16 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Casa do Concello de Tui. A continuación, Cuíña e Vázquez Padín acudirán ao Bus do Cocido, un vehículo promocional da Feira, que estará estacionado na Corredoira de Tui (entre a Igrexa de San Francisco e o Seminario), onde o público poderá desgustar unha tapa baseada no cocido de Lalín, así como diferentes produtos gastronómicos de Lalín.