Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle concentracións de diferentes seleccións deportivas en datas vindeiras

22/12/2011

Baloncesto, Balonmán e Piragüismo de alto nivel

 

O Concello de Tui acollera nas próximas datas as concentracións de diferentes seleccións deportivas nas instalacións municipais.

Dende o 26 ata o 30 de decembro, a Selección Galega de Baloncesto Cadete Masculina se concentrará no Centro Interfederado de Tui e realizará os adestramentos no Pavillón Deportivo Municipal Vello. Doce xogadores e tres adestradores prepararán na nosa cidade o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará entre os días 3 e 7 de xaneiro en Valladolid.

Así mesmo, a Selección Galega de Baloncesto Infantil Feminina acudirá a Tui os días 28 ao 30 de decembro, adestrando na mesma instalación municipal.

Esta concentracións se realizan dadas as boas relacións existentes entre a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Tui que se concretaron na firma dun convenio de colaboración.

Xa no mes de xaneiro, e como veñen facendo nos últimos oito anos, será unha parte da Selección Francesa de Piragüismo a que realice os seus adestramentos na nosa cidade. O Club Kayak Saint Laurent Blangy, de Saint Laurent Blangy (Norte de Francia) que integra parte da Selección Francesa de Piragüismo nas categorías Absoluta e Sub-23 se concentrará dende o 2 ata o 7 de xaneiro nun dos hoteis do concello e realizarán os seus adestramentos nas instalacións do Centro Interfederado e no Río Miño xunto co Club Kayak Tudense.

E os días 9 ao 12 de xaneiro contaremos ca visita da Selección Española Junior Sub-21 de Balonmán, que fará en Tui a preparación para o Torneo IV Nacións, que se disputará en Oporto.

A Selección Nacional realizará os adestramentos no Novo Pavillón Deportivo Municipal e se aloxará nun dos hoteis do concello.

Remarcar que esta concentración se realiza dado o bo traballo realizado polo Club Balonmán Tui e a colaboración que manteñen os seus dirixentes cos responsables da Federación Galega e Nacional.

Para o concelleiro de deportes tudense, Nicolás Lorenzo Montes, a presenza destas seleccións na nosa cidade testemuña tanto o alto nivel dos equipamentos deportivos da nosa cidade que gozan das condicións axeitadas para acoller a estes combinados como a vitalidade dos equipos deportivos  tudenses.