Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trompicallo Teatro presenta unha proposta innovadora monicreques con "Bolboreta" o venres no Teatro Municipal

18/10/2007

Trompicallo Teatro presenta unha proposta innovadora con “Bolboreta”Esta obra de monicreques de mesa será representada o venres ás 20h no Teatro Municipial 

Mércores, 17 de outubro de 2007. Unha proposta innovadora en monicreques de mesa é a que presenta este venres en Tui “Trompicallo Teatro”. Baixo a dirección de Santiago Montenegro a compañía porá en escena “Bolboreta” a partir das 20.00h no Teatro Municipal. Durante 50 minutos nenos e maiores, xa que obra vai dirixida a un público familiar, poderán gozar coa historia dunha nena valente, un Rei egoísta e un monstro peludo. Marián González e Luis González son os autores do texto, que eles mesmos levan a escena coma manipuladores dos monicreques xunto a Nacho Sanz, a quen corresponde tamén a música.  Un día de caza é o punto de partida da historia, na que un rei vese obrigado para salvarse a pactar cun monstro peludo, e unha nena, a heroína da historia, demostrará que aos monstros non hai que terlles medo e desaparecerán. As situacións que xorden son tratadas dende unha perspectiva cómica e cunha linguaxe sinxela e directa, que xunto ao efecto xiratorio da escenografía axuda a achegar boas doses de dinamismo ao espectáculo. As marionetas empregadas polos actores teñen as cabezas feitas con cabazas, pola beleza e harmonía das súas formas. 

Trompicallo Teatro iniciou a súa andaina en 1997 co propósito de producir , investigar e difundir a arte dos monicreques. Dende entón levamos realizado seis producións:"Manoladas”, “Drácula", "Jiñol", "Manolito Camaleón”, "Nadarín" e “Bolboreta”. As entradas para o espectáculo poranse á venda o venres dende ás 16.30h na billeteira do Teatro ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto, e 1,5€ para os menores de 12 anos.  

 Trompicallo Teatro con “Bolboreta”Lugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 TuiData: Venres 19 de outubro  ás 20.00hPrezo: 2,5€ - 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12€Retirada de localidades dende ás 16.30hOrganiza: Concellería de Cultura de Tui