Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As tres corais tudenses brindarán un concerto cheo de maxia este sábado no Teatro Municipal de Tui

26/12/2024

A partir das 20 h actuarán Ponte das Febres, Centro Sociocomunitario e San Telmo. As entradas están á venda en tui.gal

As tres corais tudenses volven sumarse á maxia do Nadal de Tui co seu tradicional concerto de Nadal. A Coral Ponte das Febres, a do Centro Sociocomunitario e a de San Telmo actuarán no Teatro Municipal de Tui este sábado 28 ás 20 h. 

Cada unha das corais interpretará cinco cancións, entre as que se atopan panxoliñas tradicionais, en galego, castelán e inglés, e outras pezas como “Meus amores”, “Galicia canta” ou “Para quererte tanto”. 

O concerto rematará cunha actuación conxunta entre as tres corais, interpretando “Los amigos así”. 

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 3 e 1 euro.

ENTRADAS