Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro de la Luna de Madrid presenta en Tui “Ferdinando” o venres ás 20,30 h.

14/03/2007

Teatro de la Luna de Madrid presenta en Tui “Ferdinando”
A obra recibiu o premio Feten 2005 ao mellor espectáculo de monicreques

A historia de Ferdinando, un toro feito doutra pasta, será a que leve a escena este venres, ás 20.30h, Teatro de la Luna de Madrid no Teatro Municipal de Tui. Trátase dunha obra de monicreques dirixida a un público familiar. Está baseada no conto de Munro Leaf con música é de Alán Ridout e inspirado nas obras de Alberto Sánchez.

Os actores manipuladores empregan monicreques de madeira tallados a man e siluetas de madeira para dar vida a historia na que cantan, constrúen a praza de touros, tourean e xogan.

Ferdinando é a historia dun touro que vive no campo e que acaba nunha praza de touros aínda que a el non lle gusta pelexar. O espectáculo recibiu o premio Feten 2005 ao mellor espectáculo de monicreques.

Teatro de la Luna é unha compañía profesional de monicreques que comezou a súa traxectoria na primavera de 1991 aunando nas súas propostas escénicas arte, teatro e infancia. Dende 1994 deseñan e realizan o programa de Talleres Infantís e o Programa de Familias no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

A representación de “Ferdinando” dará comezo este venres ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas poranse á venda ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto, e 1,5€ para os menores de 12 anos dende ás 16.30h.

Teatro de la Luna de Madrid con “Ferdinando”
Lugar:Teatro Municipal da Área Panorámica
Data e hora: Venres 16 ás 20.30h
Prezo: 2,5€, 2€ con desconto, 1,5€ menores de 12 anos
Venda de Localidades: Dende ás 16.30h na billeteira da Área Panorámica