Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Talleres de Educación Intercultural nos centros educativos do Concello de Tui

23/09/2011

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa, a través da súa responsable a concelleira Raquel Lorenzo Pimentel, que, dende a Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, vanse desenvolver uns Talleres de educación intercultural co alumnado de 6º de primaria dos centros educativos do noso municipio a partires do próximo luns, día 26 de setembro, ata o 3 de outubro, no que participarán cerca de 200 alumnos.

 

Esta actividade conta cunha parte de financiamento do Ministerio de Traballo e Inmigración e da Secretaría Xeral da Emigración, e con ela preténdese promover a comprensión e o respecto das diversas culturas coas que os nenos e nenas conviven na actualidade, derrubar prexuízos culturais e fomentar actitudes positivas ante o feito da diversidade entre a poboación escolar, facilitando a convivencia intercultural.

 

Dende este departamento quérese agradecer ós centros escolares o interese amosado polo desenvolvemento desta actividade, xa que esta sociedade tan diversa na que vivimos ten o seu reflexo nas aulas, e lograr que esta diversidade sexa enriquecedora e non unha fonte de conflitos é un desafío para todos e un obxectivo que debemos afrontar.