Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendido o espectáculo deste venres no Teatro Municipal por causas alleas á Concellería de Cultura

18/12/2007

Suspendido o espectáculo de Mofa e Befa este venres no Teatro por causas alleas á Concellería de Cultura Martes, 18 de decembro de 2007. A Concellería de Cultura de Tui, por causas totalmente alleas a súa vontade vese na obriga de anunciar a suspensión do espectáculo de Mofa e Befa previsto para este venres no Teatro Municipal. 

Produccións Teatrais Excéntricas, responsable da compañía comunicou a este departamento que “diante da baixa temporal dun dos actores do reparto do espectáculo “Sempre ao lonxe”,  a compañía tentou substituílo sen desvirtuar a montaxe” para poder manter o calendario establecido. Ao non ser así esta empresa de producións vese na imposibilidade de ofrecer este espectáculo previamente contratado pola Concellería de Cultura. Por este motivo a Concellería de Cultura viuse na obriga suspender esta función programada e que figura coma tal na Axenda Cultural por causas totalmente alleas á súa vontade.

Por este motivo este venres non haberá representación no Teatro Municipal, e a próxima cita será o venres 28 de decembro co Concerto de Fin de Ano. Dende o Departamento de Cultural piden desculpas polas molestias que esta suspensión poida ocasionar aos espectadores.