Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sine Die presenta “Shoah”

23/11/2011

Este espectáculo de danza está baseado no holocausto xudeu

 

A danza volve este venres ao Teatro Municipal de Tui da man da compañía Sine Die de Paula Cobián Escola de Danza. A partir das 21.30h porán en escena un espectáculo de danza contemporánea titulado “Shoah”.

 “SHOAH”, é unha reivindicación das liberdades humanas, a liberdade de ser, pensar e crer, e sobre todo de respectar o ser, pensar e crer dos outros.Tomando como punto de partida a barbarie do holocausto xudeu, preténdese advertir ao espectador o que pode desatar o fanatismo e a intolerancia.

Sine Die creouse este ano 2011 para completar a formación en danza dos alumnos e alumnas de Paula Cobián Escola de Danza, introducíndonos no mundo da danza escénica. “Shoah” é o seu primeiro espectáculo, que foi estreado o pasado mes de marzo cunha moi boa acollida por parte do público.

Paula Cobián é a autora e directora de “Shoah”, mentres que Briano Lago deseñou a escenografía. O elenco está formado por Celia Álvarez, Olalla Álvarez, Yulia Fernández, Lily Flecher, Sandra Iglesias, Antía Moroño, Andrea Solleiros, e Paula Pérez, coa colaboración de Briano Lago.

 

As entradas para esta representación está xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h e o venres dende ás 20h no despacho de billetes, ao prezo de 3€ e 2€.

 

Sine Die con “Shoah”

Data: Venres 25, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas á venda na web www.culturatui.info ata o venres 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.