Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sete asociacións culturais tudenses participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo

20/04/2011

Celébrase este domingo, 24 de abril, ás 18h no Teatro Municipal

Sete asociacións culturais tudenses participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo

 

 

Mércores, 20 de abril de 2011. No segundo día das festas de San Telmo a  Concellería de Cultura de Tui vai brindar unha mostra do folclore e cultura tradicional coa organización do Festival Folclórico Festas de San Telmo. Este evento vai ter lugar este domingo, 24 de abril, a partir das 18h, no Teatro Municipal coa participación de oito agrupacións locais que sairán en desfile ás 17.30h dende a Praza de San Fernando.

 

Participarán neste Festival os grupos folclóricos das Asociacións Culturais de Areas, Caldelas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, e, Ribadelouro. Cada unha delas actuará dez minutos ofrecendo unha pequena mostra do seu repertorio con pasodobres, muiñeiras, pandeiros, xotas,... para conformar así un espectáculo variado de danzas e cantos tradicionais.

 

A entrada ao festival é libre.

 

Festival Folclórico Festas de SanTelmo

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Domingo 24 de abril ás 18h

Entrada libre e gratuíta