Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sarabela Teatro representa este venres no Teatro Municipal "Margar no Pazo do Tempo"

4/10/2007

Sarabela Teatro representa este venres “Margar no Pazo do Tempo”A obra está escrita e dirixida por Ánxeles Cuña. 

 Mércores, 3 de outubro de 2007. “Margar no Pazo do Tempo” é o título da obra que este venres, ás 21h, vai representar no Teatro Municipal de Tui Sarabela Teatro. O espectáculo forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura. A obra está escrita e dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e conta un amplo elenco de actores sobre o escenario: Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Josito Porto, Sabela Gago e Tito Asorey. Xunto a eles estará Yuri Sidar aportando en directo banda sonora da obra co acordeón. Margar no Pazo do Tempo segundo explica a súa propia directora é “unha alegoría sobre a orde e as invencións que fecundan o noso cerebro, na que se cuestiona o sistema que se aplica nunha casa de repouso”. O espectáculo está cheo de misterio, de sensualidade e emocións, onde cada actor e actriz aporta todo de seu para levar á escena a obra. Igualmente o espectador non permanece alleo e tamén se emocionará e sentirá coma parte mesma da obra.  

Sarabela Teatro é unha das compañías galegas con máis prestixio e recoñecemento. Dende a súa creación en 1980 ofrecen ao público espectáculos de calidade que teñen enchido teatro e auditorios. Con “Margar no Pazo do Tempo” Sarabela da un paso adiante coa produción dunha proposta novidosa que foi estreada en marzo deste ano en Ourense.   

Sarabela Teatro con “Margar no Pazo do Tempo”Lugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 TuiData: Venres 5 de outubro  ás 21.00hPrezo: 4,5€ - 3,5€ con desconto e 2,5€ os menores de 12€Retirada de localidades dende ás 16.30hOrganiza: Concellería de Cultura de Tui, Consellería de Innovación e Industria e Xacobeo