Samuel Diz presenta este venres en Tui “Impresións e paisaxes, coma o primeiro libro de Lorca”
Este traballo é froito da súa investigación sobre a Xeración do 27. O concerto comezará ás 21h no Teatro Municipal.
O músico tudense Samuel Diz ofrecerá este venres, 19 de febreiro, en Tui o seu primeiro concerto en Galicia de presentación do seu último traballo discográfico “Impresións e paisaxes, como primeiro libro de Lorca ” froito da investigación que levou a cabo nos últimos anos sobre a Xeración do 27. A cita será ás 21h no Teatro Municipal.
En "Impresións e paisaxes, como o primeiro libro de Lorca" García Lorca é o elo de unión dun crisol de composicións que Samuel Diz reúne neste seu segundo traballo discográfico. Dende Manuel de Falla a Fernando Buide o popular e o erudito van da man nun repertorio no que a guitarra é a gran protagonista. O de Tui será un espectáculo único polo feito de actuar na súa localidade natal.
Samuel Diz realizou o pasado mes de novembro a presentación deste novo disco no Centro Cultural Generación del 27' de Málaga. Posteriormente, en decembro, estivo na Universidade de Cork en Irlanda e no Círculo de Bellas Artes de Madrid, a comezos deste mes. E elixiu Tui para o primeiro concerto deste traballo en Galicia.
O tudense Samuel Diz graduouse no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla baixo a dirección de Gaëlle Sola, ampliando a súa formación con distintos mestres coma Alen Garagic ou Daejun Jang. Recibiu, entre outros, o premio Andrés Segovia-J.M. Ruiz Morales polo estudio e interpretación da música española en Música en Compostela, así coma o Premio da Crítica El Primer Palau, e foi seleccionado como artista polo INJUVE nas axudas á creación xove. Samuel Diz conta amais co posgrado en xestión de empresas musicais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. É o director do festival interdisciplinar Música no claustro, que se celebra anualmente na Catedral de Tui.
As entradas están á venda en en www.culturatui.info ata este venres 19 ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.
Samuel Diz en Concerto “Impresións e paisaxes, como o primeiro libro de Lorca”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 19 de febreiro, ás 21h
Venda de entradas:
-
En en www.culturatui.info ata este venres 19 ás 12h
-
No despacho de billetes o venres dende ás 19.30h
-
Prezo de 4€ e 3€.