Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rubiós e Tui protagonizan o Festival de Bandas de Música

12/08/2010

Será este venres ás 22.30h na Praza de San Fernando

Rubiós e Tui protagonizan o Festival de Bandas de Música

É unha cita clásica no verán tudense

 

Mércores, 11 de agosto de 2010. O son das bandas de música vai encher este venres á noite a praza de San Fernando, xa que estas agrupación serán as protagonistas do XIX Festival de Bandas de Música. Esta é unha cita clásica no verán dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui. Este venres van actuar a Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Popular de Rubiós.

 

A Banda de Música Popular de Tui conta na actualidade con sesenta compoñentes cuxa media de idade está entorno aos 20 anos. Esta agrupación afunde as súas raíces en 1881 cando se creou a primeira Banda de Música Popular de Tui. Tivo logo etapas nas que desapareceu ata que 1980 creouse a actual agrupación que ten na Escola de Música e no Conservatorio Municipal unha importante canteira.  A banda tudense ten actuado por toda Galicia, Portugal, Valencia, Asturias, e Bos Aires. Está dirixida por Adolfo Besada.

 

Este venres van interpretar:

  • Música y poble .....................Ferrer Ferrán
  • Airiños aires .........................G. Freire
  • Sangre Española..................A  Pinto
  • Piratas del Caribe.................John Wasson
  • Belreguart.............................Miguel Ross

 

A finais do século XIX afunde as súas raíces a Banda de Música Popular de Rubiós  pertencente ao Concello das Neves. Esta agrupación pasou ao longo da súa historia por diferentes vicisitudes que a levou a desaparecer. Houbo despois algún tento de recuperar a banda pero non sería ata 1985 cando este traballo frutificou. Na actualidade a banda conta 50 membros de todas a idades, que  realizan concertos por toda Galicia, e teñen participado en varios programas de televisión. No seu currículo destacan tamén os terceiros premios acadados na sección segunda do Certame Provincial de Bandas de Música e do Certame Zonal que organiza a Deputación de Pontevedra.  A Banda de Música Popular de Rubiós baixo a dirección de Rafael Pérez Dopeso vai ofrecer:

  • Hispano.................................Nuno Osorio
  • Fate of the gods....................Steven Reineke
  • Caballería ligera....................Franz Von Suppe
  • Rapsodia galega nº1.............Enrique G. Rey
  • Abba Gold
  • Muiñeiras dos Pendellos.......Juan Lois Diéguez

 

 

XIX Festival de Bandas de Música

-          Venres, 13 de agosto, ás 22.30h

-          Na Praza de San Fernando

-          Coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Popular de Rubiós