Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A rúa Ricamonde pasará a ser de sentido único cara ao Anxo

4/10/2023

Hoxe comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal e colocación da sinalización vertical

A rúa Ricamonde pasará a ser de sentido único de circulación cara ao Anxo, e contará cunha senda peonil. Así se acordou hai unhas semanas na reunión mantida coa veciñanza da zona.

Para proceder a este cambio na circulación hoxe comezan as obras de pintado da sinalización horizontal, e procederase á colocación da sinalización vertical. O obxectivo desta actuación, que se executa con fondos propios, e aumentar a seguridade peonil, xa que actualmente a rúa presenta unha carril de circulación moi estreito, e que con dobre sentido puña en risco aos viandantes.

Así estes días sinalizarase o sentido do tráfico cara ao Anxo, e a senda peonil similar a existente na rúa Palláns. Mentres o tramo que vai dende a rúa Ricamonde até o Camiño Leirós mantense de dobre sentido ao igual que no primeiro tramo da rúa dende a intersección coa acceso á praza de Abastos, até a entrada posterior do colexio Maristas. A velocidade da zona limitarase a 20 km/h e terá prioridade peonil. Para iso na sinalización que se instalará está prevista a colocación dun sinal S-28 que indica, entre outras cuestións, que os condutores deberán dar prioridade aos peóns.