Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rolda de Prensa Programación Teatro Municipal de Tui

16/09/2011

O próximo mércores, 21 de setembro, ás 11h terá lugar no escenario do Teatro Municipal de Tui, unha rolda de prensa para presentar a programación de outono na cidade, e en concreto os concertos que se van celebrar nestes meses.

Comparecerán ante os medios de comunicación Juan Carlos Fasero, director do AGADIC, un dos integrantes do grupo Nadadora, o músico Jose Manuel Budiño, o músico tudense Víctor Coyote, xunto á concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

 

Presentación dos concertos de Outono

Data: Mércores, 21 de setembro, ás 11h

Lugar: No escenario do Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica