Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Río Miño, destino navegable" amplía servizos

5/03/2022

Incorpórase un novo paseo en barco ás 17.30 h que se suma ao que se estaba realizar ás 16 h e as rutas que saen ás 10 h

Debido ao interese evidenciado nos primeiros días da campaña fluvial do Miño, colócase a disposición dos interesados dous paseos diarias de barco. Mantense o horario das 16:00 horas, engadindo outro ás 17:30 horas. A inscrición, gratuíta e limitada a 15 persoas por viaxe, realízase nos quioscos de información situados nos embarcadoiros de Salvaterra de Miño e Tui, ou no sitio web de Hemisférios www.hemisferios.org, o tour operador responsable da organización das viaxes.

Até a data, a ruta fluvial do río Miño está a ser un éxito, captando a atención e a curiosidade de moitos cidadáns e turistas que, nesta época de Entroido, embarcáronse neste proxecto patrocinado polas Eurocidades de Tui e Valença, e de Salvaterra de Miño - Monção.

Dado o éxito e a expectativa creada, os 4 municipios fronteirizos decidiron, en reunión celebrada en Tui, ampliar a oferta turística con outro percorrido fluvial polas augas do río Miño internacional. Mantendo o horario das 16:00 horas, os municipios sumaron outro, ás 17:30 horas, que funciona desde o pasado mércores 2 de marzo.

A inscrición realízase o mesmo día nos quioscos de información que se atopan alternativamente nos embarcadoiros de Salvaterra de Miño e Tui, ou no sitio web de Hemisferios www.hemisferios.org, o tour operador responsable das viaxes. Cunha duración aproximada dunha hora, ofrecen fabulosas vistas dos centros históricos dos 4 municipios desde o río.

Até  mañá domingo 6 de marzo, o barco turístico está dispoñible no embarcadoiro de pescadores de Tui. A semana seguinte, entre o 7 e o 13 de marzo, estará en Salvaterra de Miño. As próximas semanas seguen a mesma metodoloxía, cunha semana en Tui e outra en Salvaterra de Miño.

Rutas turísticas de 8 horas de duración. Reservas só na web www.hemisferios.org

Ademais dos percorridos fluviais, cunha duración aproximada dunha hora, o proxecto Rio Minho: Destino Navegable tamén contempla a implementación de rutas turísticas, cunha duración de 8 horas, ensinando o rico patrimonio natural, cultural e etnográfico dos 4 municipios. O transporte por terra realízase en minibús e tren turístico.

As rutas turísticas contan co apoio dun guía turístico, quen guiará aos pasaxeiros nas visitas aos centros históricos e fortalezas. Os interesados deben rexistrarse na Central de Reservas accedendo ao sitio web de Hemisférios www.hemisferios.org. Nesta páxina pódense consultar os horarios e lugares a visitar das rutas turísticas existentes.
 
A embarcación, con capacidade para 24 persoas, ofrece só 15 asentos, co fin de garantir a distancia recomendada polas autoridades sanitarias de ambos os países. O proxecto Río Minho: Un Destino Navegable, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP), conta con cofinanciación europea.