Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Retirados dous eucaliptos de grandes dimensión da beira do Louro polo risco de caída que presentaban

11/08/2021

A actuación foi realizada pola CHMS tras ser solicitada polo Concello de Tui

Hoxe veñen de ser retirados dous eucaliptos que presentaban perigo de caída na beira do río Louro, na zona de Ricamonde, por debaixo da ponte situada na estrada N550. 

A actuación foi realizada pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil a través da empresa Tragsa. A concellería de Medio Ambiente do Concello de Tui dirixirase ao organismo de conca, que é quen ten as competencias nos leitos e zona de servidume dos ríos, solicitando a retirada destas árboles de gran porte polo risco que supoñan.