Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resolución da Alcaldía: lista definitiva, tribunal, lugar e data do exame para Auxiliar Policía Local

23/05/2011

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

 

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de dous AUXILIARES POLICIA LOCAL do Concello de Tui mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 10 de maio de 2011, e publicada no Faro de Vigo de data 12 de maio de 2011, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Declarar admitidos a todolos presentados.

 

SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

               -Presidente: *D. José Ramírez Pérez.

               -Vocais:

                             *D. Manuel Arca Caeiro.

                            *D. David González Martínez.

                            *D. Sergio Bugallo Garrido.

               -Secretario: *D. Avelino Martínez Pérez.

 

TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro día 25 de maio de 2011 ás 10:00 horas, nas Instalacións Deportivas de “A Macoca”, sito en Pazos de Reis (subida ao Monte Aloia), para a realización das probas físicas, procedéndose unha vez finalizadas, á realización das probas teóricas no Centro de Formación do Concello de Tui.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a 23 de maio de 2011.

 

Visto e Prace

O ALCALDE