Resolución da Alcaldía en relación co proceso de selección para dous socorristas a tempo parcial
DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, ditouse a seguinte RESOLUCIÓN:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso de selección para a contratación laboral temporal de DOUS SOCORRISTAS a tempo parcial para a piscina municipal do Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *-D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vogais: *- D. Ceferina Saa Rodríguez.
*- D. José María Melero González.
*- D. Benito Morais Carballo.
-Secretaria: *-D. José Ángel Fernández Rodríguez.
2º.- Declarar admitidos a todolos presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para a realización das probas o día 15 de xuño de 2011 ás 12,00 horas nas dependencias da Casa Consistorial.”.
E para que así conste, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, expido a presente, en Tui, a 13 de xuño de 2011.
Visto e Prace
O ALCALDE