Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remate dos talleres de co-educación para escolares organizados pola concellería de muller co gallo da celebración do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

2/11/2010

REMATE DOS TALLERES DE CO-EDUCACIÓN PARA ESCOLARES ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE MULLER CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, co CRA Mestra Clara Torres, remataron os TALLERES DE CO-EDUCACACIÓN PARA ESCOLARES, programados dentro das actividades postas en marcha pola Concellaría de Muller, que dirixe Patricia Ricón Alonso, co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

Esta actividade pretendeu fomentar a colaboración e o traballo en equipo no ámbito doméstico.

A actividade consistiu na recreación dunha casa na que as nenas e os nenos traballaron conxuntamente nas labores cotiáns: facendo as camas, tendendo a roupa, cambiando lámpadas.
  .
O obxectivo que se quixo alcanzar a través da realización destes talleres educativos foi que dende idades moi temperás se desterren os roles de que existen tarefas para mulleres e tarefas para homes, demostrando que ambos os dous, homes e mulleres, están capacitados para realizar calquera tipo de tarefa doméstica .