Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción no Concello de Tui a deportistas tudenses

21/06/2011

Mañá mércores 22 de xuño, ás 12.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, o Alcalde do Excmo. Concello de Tui, D. Moisés Rodríguez e o Concelleiro de Deportes, D. Nicolás Montes, recibirán a José Luis Bouza, Diego Piña e Victor Rodríguez pola súa participación no Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas de Belgrado, disputado a pasada fin de semana.

 

José Luís Bouza acadou a medalla de prata na categoría C1 5.000 metros e a medalla de bronce na C1 1.000 metros. Os seus compañeiros do Kayak Tudense Diego Piña e Víctor Rodríguez participaron na categoría K2 500 metros e K2 1.000 metros, quedando as portas de entrar nas finais.

 

Ás 13.00 horas, o Alcalde e o Concelleiro de Deportes recibiran aos integrantes do Club Baloncesto Tui “Alevín” xa que recentemente proclamáronse Campións Galegos na súa categoría, na final a catro disputada no pavillón Lorenzo de la Torre de Santiago de Compostela.