Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Puntuacións do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de oboe e outras asignaturas

8/10/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, Secretaria do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de oboe e outras asignaturas para o Conservatorio Profesional/Escola Municipal de Música de Tui, convocada con data 23/09/2010.

CERTIFICA:

Que por unanimidade dos membros do tribunal do proceso selectivo de referencia outorgáronse as seguintes puntuacións ós aspirantes presentados:

ASPIRANTES

Fase  méritos

Fase oposición

Conversión puntuación fase oposición

Total

------------------------------------

--------------

Teórico

Galego

--------------

------

Fernández Álvarez, Jennifer

1,30

6,00

3,00

4,15

5,45

 

A puntuación reflectida na fase de oposición é o resultado da conversión da nota obtida á porcentaxe que como máximo se pode obter nesta fase (sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección).
Á vista das puntuacións obtidas e de conformidade co estipulado nas bases da convocatoria proponse á Alcaldía para a súa contratación como Profesor de Oboe e outras asignaturas  a:

*-Dna. Jennifer Fernández Álvarez, con DNI nº36.166.192-A .

No prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da publicación desta certificación no Taboleiro de Anuncios o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, para acceder ao posto de traballo perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

E para que conste, expido a presente certificación en Tui, a sete de outubro de dous mil dez.

 

A SECRETARIA DO TRIBUNAL