Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A proxección de “Planet 51” Pecha a programación de “Cinema na rúa”

20/08/2010

Será hoxe venres ás 22.30h na Praza de San Fernando

Proxección de “Planet 51”

Pecha a programación de “Cinema na rúa”

 

Venres, 20 de agosto de 2010. A praza de San Fernando acolle hoxe venres, 20 de agosto, ás 22.30h a proxección de “Planet 51”. Esta película pecha o  ciclo “Cinema na rúa” que se enmarca na programación cultural organizada pola Concellería de Cultura.

 

Este é un filme de animación para todos os públicos cuxo protagonista é o Capital Charles “Chuck” Baker, astronauta americano que aterra en Planet 51. El pensa que é a primeira persoa en pisar o planeta pero sorprendentemente descobre que está habitado por pequenas criaturas verdes que viven felizmente nun mundo cheo de valados brancos, coma na América dos anos 50. O único temor destes seres é ser invadidos por alieníxenas...

 

 

Cinema na rúa: “Planet 51”

-          Venres, 20 de agosto, ás 22.30h

-          Na Praza de San Fernando