Proxección de “Megamind” dentro no ciclo de Cinema na rúa
A película proxectarase este sábado ás 22.30h na Praza de San Fernando
A praza de San Fernando acolle este sábado, ás 22.30h, a proxección da película de animación “Megamind” dentro do ciclo de “Cinema na rúa” organizado pola Concellería de Cultura de Tui.
A película transcorre en Metro City onde se enfrontan a cotío o supermalvado Megamind co superheroe Metro Man, que bota por terra todos os tentos do vilán de conquistar a cidade. Un día Megamind consegue matar a Metro Man, pero entón decátase de que a súa vida sen un superheroe non ten senso. Por iso crea un novo defensor do ben chamado “Titán”, pero este resultar ser aínda máis malvado que o seu creador, Megamind, xa que quere destruír o mundo. Por iso Megamind terá que tomar unha decisión difícil.
En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.
Cinema na rúa “Megamind”
Data: Sábado 27 ás 22.30h
Lugar: na Praza de San Fernando
*En caso de choiva proxectarase no Teatro Municipal