Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proxección de “Lluvia de albóndigas”

5/08/2010

Será este venres ás 22.30h na Praza de San Fernando

Proxección de “Lluvia de albóndigas”

Forma parte da programación de “Cinema na rúa”

 

Mércores, 4 de agosto de 2010. A praza de San Fernando acolle este venres, 6 de agosto, ás 22.30h a proxección de “Lluvia de Albóndigas” dentro do “Cinema na rúa” que se enmarca na programación cultural organizada pola Concellería de Cultura.

 

Este é un filme de animación para todos os públicos cuxo protagonista é Flint Lockwood un invento novato. Este, sen darse conta, creou un xeito de que caia comida do ceo, e de que as nubes se convertan en hamburguesas. Co seu invento salta a fama e o Alcalde da cidade contrátao para mellorar a economía local.  No medio do seu éxito preocupase polas consecuencias da súa creación coma un tornado de pasta e albóndegas.  A película é unha parodia de filmes de catástrofes coma Armageddon, Twister ou Independence Day.

 

A seguinte cita co “Cinema na rúa” serán o venres 20 de agosto coa proxección de “Planet 51”.

 

 

Cinema na rúa: “Lluvia de albóndigas”

-          Venres, 6 de agosto, ás 22.30h

-          Na Praza de San Fernando