Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa “O Cine Nas Aulas”

21/11/2011

A metodoloxía do curso é que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que consideramos que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

Este programa vai dirixido a todos os Centros Escolares e IES do Concello.

O solicitaron todos os IES e os seguintes Centros Escolares (Guillarei, Caldelas, Nº1, Nº2, Pazos, Maristas Sta María, e Rebordáns), algúns alumnos/as o van a poder visionar a película na sala teatro da Area Panorámica de Tui, e outros o farán dende o seu centro Escolar

 

A QUEN VAI DIRIXIDO:

CEIPS:

- Vai dirixido aos alumnos/as de Primaria, a película que traballarán é “El Patito Feo y Yo”.

 

IES:

Vai dirixido aos alumnos/as de 2º da ESO, éstes visionarán dúas películas durante o curso escolar, mañán día 22 de Novembro poderán visionar a primeira película “Cobardes” na Sala Teatro da Area Panorámica.

 

O  programa conta con guias metodolóxicas para o profesorado e tamén Cadernos Didácticos para o alumnado/a, estas guías foron confeccionadas polo Departamento de Drogodependencias e Outras Conductas Adictivas do Concello de Tui.