Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentado o programa de visitas guiadas ao casco histórico de Tui

11/01/2008

PRESENTADO O PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS DE CARÁCTER DIDÁCTICO AO CASCO HISTÓRICO DE TUI 

O Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, acompañado polos concelleiros de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e de turismo, María José Rosada Silva, presentaron esta maña o programa de visitas guiadas ao conxunto histórico tudense que promove o Concello de Tui. A Concellería de Cultura, segundo informou o seu concelleiro responsable, está traballando na creación do Centro de Interpretación do Casco Histórico tudense, como unha peza básica para a posta en valor e difusión do noso conxunto monumental. Este centro que está previsto se ubique no edificio coñecido como “Cárcere vello”, na rúa Sanz, comeza a sua actividade cunha proposta de visitas guiadas de caracter didáctico orientandas aos grupos e colectivos interesados. 

En concreto, hai deseñados tres roteiros que varian en función do tempo que desexen empregar os visitantes no percorrido polas vellas rúas da nosa cidade así como, no caso dos escolares, en función do seu nivel educativo. Para a posta en marcha deste Centro de Interpretación do Conxunto Histórico o Concello de Tui, ao abiero dos plans de cooperación coa Xunta de Galicia, ten contratada a unha licenciada en arte e unha auxilar, que teñen deseñado estes itinerarios e que acompañaran aos diversos grupos no seu percorrido. Estes roteiros esán dirixidos de xeito especial aos numerosos grupos escolares que visitan á nosa cidade ao longo do ano e que con esta oferta poden desenvolver unha visita guiada por especialistas e incrementar o aproveitamento didáctico da mesma. Os colectivos interesados nesta oferta de visitas guiadas poden solicitar a correspondente cita a través do correo electrónico centro.interpretación@concellotui.org 

Para o Concelleiro de Cultura do Concello de Tui esta oferta de visitas guiadas é un primeiro paso nos proxectos desta concellería para a posta en valor do conxunto patrimonial tudense, a creación deste centro de interpretación e de seguido do Museo Municipal contribuirán de xeito eficaz na difusión e proteccción do conxunto histórico da cidade e constituirán un novo atractivo para a visita á nosa cidade. O Centro de Interpretación está chamado a ser o lugar de acollida dos visitantes e onde poidan achegarse mediante diversos elementos expositivos ao coñecemento das principais características do casco histórico, da sua evolución, dos seus momumentos, etc e que logo posiblitarán un meirande disfrute da visita á vella cidade de Tui.

Como primeira proposta deste Centro xorden pois estas visitas guiadas de caracter gratuito que o Alcalde tudense valorou como unha oferta que está convencido resultará de interese para os numerosos grupos que visitan a nosa cidade. Pola súa parte o Alcalde de Tui salientaba que co Centro de Interpretación darase a coñecer o Conxunto Histórico, cuxa obras están xa rematadas, aínda que falta completar o equipamente, e se refería a estas visitas coma “punto de partida”.