Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

21/06/2022

Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.

Este acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, eo actual campión de España de Kung Fu, Raúl Fernández.