Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do proxecto REPOBLAR mañá martes no antigo Convento de Santo Domingo

15/11/2010

Presentación do proxecto REPOBLAR mañá martes no antigo Convento de Santo Domingo

Luns, 15 de novembro de 2010. Mañá martes, 16 de novembro,  ás 20.30h a Deputación de Pontevedra presentará no antigo convento de Santo Domingo en  Tui o proxecto Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, para a comarca do Baixo Miño.

O acto contará coa presenza do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e dos Alcaldes de Tui, Antonio Fernández Rocha, da Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas, do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, e de Oia, Alejandro Rodríguez, e da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

O acto comezará coa proxección dun vídeo sobre o proxecto, seguido da benvida do Alcalde de Tui e da intervención do Presidente da Deputación. Por último haberá unha exposición técnica sobre a Rede Pontevedra Banda Larga Rural.

O proxecto Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que traerá ata a comarca a posibilidade de acceso a internet de banda ancha co prezo máis baixo de España: 17 € ó mes.

Neste proxecto a Deputación de Pontevedra, xunto coa Unión Europea e en estreita colaboración coa Xunta de Galicia, investiu máis de 7,5 millóns de euros, e permitirá que, a través da marca tngo do operador Iberbanda, os pontevedreses, vivan onde vivan,  teñan os mesmos servizos e as mesmas oportunidades de acceso á sociedade da información. De feito, grazas a Repoblar, xa é posible que o 96% da poboación da provincia de Pontevedra poida acceder a internet a través dunha conexión de banda ancha.