Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Clube Atletismo Tui

18/04/2011

O CLUB ATLETISMO TUI – THERMALIA vai facer a súa presentación oficial este MÉRCORES 20 de Abril, no Salón de Plenos do Concello de Tui.


 


O acto será ás 11.30 da mañá e contará coa presenza do presidente do Club, Rafael Pérez Rego, o directivo, responsable de prensa, Justi Peixoto Andrés, o xerente de Thermalia-Tui, patrocinador do equipo, Pablo Freiría Fernández, o Presidente da Delegación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García, o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e Concelleiros de Tui.


 


Asistirá tamén a ex – atleta internacional tudense, Dolores Pedrares, que vai exercer de madriña do Club.


 


Aproveitarase a ocasión para dar a coñecer todos os datos da CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO, que terá lugar en Tui o domingo 1 de Maio, e que este ano organiza o Club Atletismo Tui – Thermalia.