Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Club Xadrez Tui

26/08/2011

O novo Club de Xadrez coordinará a Escola Municipal de Xadrez de Tui

 

O próximo mércores, 31 de agosto, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui presentarase o Club Xadrez Tui. Na rolda de prensa asistirán o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o Presidente do Club Xadrez Tui, Luis Fernández, o Secretario do Club, Emilio Pazo, así como o Xerente de Xadrez Galego, Roberto Páramos.

 

Club Xadrez Tui

 

Este novo club de xadrez, integrado por xogadores tudenses, nace coa intención de xestionar a escola deportiva municipal de xadrez de Tui. Esta terá a súa sede nunha das aulas do Novo Pavillón Deportivo Municipal. A partir de mediados do mes de setembro realizaranse as inscricións tanto para nenos como para adultos.

 

O Club Xadrez de Tui tamén participará na organización dun Torneo nas Festas de San Telmo e coordinará partidas simultáneas os domingos pola maña. Neste sentido, este domingo 28 de 11.00 a 13.00 horas, realizaranse partidas para todos aqueles que queiran participar, tanto nenos como adultos, no paseo da Corredoira.