Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Campionato Galego V Supercross Cidade de Tui - 2012

9/04/2012

Hoxe luns, 9 de abril, ás 11.00 horas, no salón de concelleiros do Concello de Tui, vaise a presentar o Campionato Galego V Supercross Cidade de Tui – 2012, organizado polo Motoclub Randufe, coa colaboración do Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase o sábado 14 de abril no circuíto de supercross de Randufe.

Comparecerán ante os medios de comunicación Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes e os responsables do Motoclub Randufe.