Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño – Baixo Miño

4/11/2021

Mañá venres, 5 de novembro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño que se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui o sábado 4 de decembro organizado por Protección Civil de Tui. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, de Juan Manuel González, presidente de Protección Civil de Tui e un representante de SOS Tomiño-Baixo Miño.