Premios Cidade de Tui 2021
O Teatro Municipal de Tui, acolleu o luns, 12 de abril, Luns de San Telmo, a Gala de Entrega dos Premios Cidade de Tui. Uns galardóns que teñen coma obxectivo pór en valor o traballo de persoas e colectivo a prol da cidade.
Os galardoados este ano foron
- Alberto Estévez Piña, a título póstumo.
- Recolleu o premio o seu sobriño José Manuel González Pérez. Foille entregado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez.
- A Residencia San Telmo
- Recolleu a superiora da Residencia San Telmo, Socorro Campos Santiso. Fixo entrega o bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza
- O escultor tudense Silverio Rivas
- Recolleu o propio escultor Silverio Rivas. Fixo entrega o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Deu lectura á acta do xurado o seu secretario Rafael Sánchez Bargiela.
No acto interviron a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
No acto participaron os alumnos de piano do Conservatorio Profesional de Música de Tui Óscar Mirás Sánchez, interpretando a peza da súa autoría “Val de cortesía”; e Pablo Mirás Sánchez, tocando o “Nocturno op. 54 número 4 de Edvard Grieg”. Pecharon o acto Ramón Corral e Diego Alonso Vila interpretando o Himno Galego á gaita.