Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As praias de Areeiros e O Penedo acondicionadas para o verán

14/06/2021

Por terceiro ano consecutivo balizouse a zona de baño nestes dous espazos en Guillarei e Caldelas

O Concello de Tui vén de rematar o acondicionamento dos espazos de uso público das praias fluviais de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo en Caldelas.

Procedeuse á limpeza destes espazos ao balizamento da zona de baño por terceiro ano consecutivo, co que se mellora a seguridade dos bañistas que acoden a estas praias.

Este ano, non contarán con baños públicos ante a dificultade do cumprimento da normativa establecida en materia sanitaria debido á pandemia da COVID 19.

Tanto a praia de Areeiros en Guillarei coma a do Penedo en Caldelas conta coa cualificación de Excelente, no control das augas das zonas de baño que realiza la Xunta de Galicia.