Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Policia Local renovou o seu sistema de transmisións

11/04/2011

A Policía Local renovou o seu sistema de transmisións

Os novos equipos en dixital brindan maior cobertura e calidade de son

O investimento realizado superou os 20 mil euros

Mércores, 6 de abril de 2011. A policía local de Tui conta cun novo sistema de transmisións dixital que lle brinda maior cobertura e calidade de son.  O novo sistema consta un repetidor con batería de emerxencia, emisora base, catro emisoras instaladas nos vehículos policías, e 15 equipos portátiles personalizado para cada axente. O investimento realizado ascendeu a 20.461,83€.

O novo equipamento ven substituír o equipo de transmisións que a Policía Local de Tui viña empregando dende hai máis de 25 anos cunha banda de UHF en analóxico. Este equipo quedou practicamente obsoleto tanto polas constantes avarías que se rexistraban de xeito repetido coma polas interferencias que sufría tendo problemas tanto de recepción coma de transmisión.  É por iso polo que se optou por renovar o sistema optando por equipos dixitais que contan cunha transmisión máis limpa, sen interferencias e con maior nitidez de son, amais de mellorarse tamén o alcance.

 

O novo sistema permite transmitir vía o repetidor instalado no Monte Aloia, pero tamén en canle directa, aínda que neste caso con menor alcance. Os equipos contan cunha protección total de voz, xestión das comunicacións, localización informática de todos os equipos operativos a través do sistema Hermes, dando en todo momento a súa posición por GPS na pantalla do ordenador ao través do programa instalado na Xefatura da Policía Local.

 

De todos os xeitos a Policía Local segue conservando a anterior frecuencia analóxica, xunto a algúns dos antigos equipos, o que permitirá en caso de ser preciso prestar servizo de xeito conxunto con touros corpos como Protección Civil, pudendo empregar estes o antigo sistema o que lles permitiría conectar coa base ou os equipos móbiles nos vehículos.