Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de setembro de 2021

29/09/2021

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves ás 20 h con 10 puntos na orde do día:

A) Parte resolutiva

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 4/2021 celebrada o 29/07/2021. 

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021). 

3º.- Expediente 1945/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/09/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 20/09/2021, relativa á aprobación inicial da modificación do art. 4 da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello de Tui. 

4º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/09/2021, favorable á proposta de Alcaldía, de data 20/09/2021, de resolución de alegacións presentadas contra a aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui, e aprobación definitiva. 

5º.- Expediente 1740/2021. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 23/09/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 16/09/2021 de designación dos festivos locais do Concello de Tui para o ano 2022. 

6º.- Expediente 2051/2021. Ditame da Comisión informativa de Honras e Distincións de data 27/09/2021, favorable á proposta do instrutor, de data 24/09/2021, sobre dedicación dun pavillón deportivo municipal a D. Gustavo Rodríguez Iglesias pola xesta conseguida nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 e mención honorífica 

7º.- Mocións de urxencia. 

B) Actividade de control: 

8º.- Expediente 1960/2021. Dación de conta das liñas fundamentais do Orzamento Xeral do Concello de Tui para o exercicio 2022. 

9º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de núm. 1085, de 24/07/2021 ata o núm. 1483, de 26/09/2021. 

C) Rogos e preguntas: 

10º.- Rogos e preguntas.

 

Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021

Escoitar on line