Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno extraordinario este venres da corporación municipal de Tui

31/08/2022

Este venres, 2 de setembro, ás 9 h a corporación municipal de Tui celebra sesión de pleno de carácter extraordinario con tres puntos na orde do día. 

1º.- Expediente 1205/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais, de data 29/08/2022, favorable á proposta da Alcaldía en funcións, de data 23/08/2022, de aprobación do documento do “Plan de Acción Local de la Agenda Urbana de Tui” no marco da axuda concedida para a “Elaboración de Proyectos Piloto de Planes de Acción

2º.- Expediente 1815/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 29/08/2022, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/08/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 37/2022 – Suplemento de Crédito 6/2022.

3º.- Expediente 1756/2022. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 29/08/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 16/08/2022, de designación dos festivos locais do Concello de Tui para o ano 2023.

 Convocatoria sesión plenaria 7/2022 do venres, 2 de setembro de 2022, ás 9 h