Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Peúgo, o calcetín melenudo” chega mañá á Biblioteca Municipal

29/11/2021

Será ás 17.30 h coa presentación do libro, un contacontos e un taller

Mañá martes, 30 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do libro destinado ao público infantil “Peúgo, o calcetín melenudo” da mestra e escritora Jessica Rodríguez Piñeiro.

É un álbum ilustrado infantil, orientado dende os 5 anos, en galego con temática social. Trata de xeito sutil o tema da violencia de xénero a través da personaxe do calcetín e a súa confidente, a lavadora Ramona. 

Esta presentación inclúe un contacontos, unha presentación propiamente da obra, un taller e a posibilidade de sinatura de exemplares aos asistentes por parte da autora. Jessica Rodríguez Piñeiro é mestra e foi nominada, en dúas oportunidades, aos premios Educa á mellor docente de España e foi premio internacional SIMO Educación.

Con esta proposta dirixida aos rapaces tudenses á Biblioteca Municipal se suma ás actividades programadas polo Concello de Tui baixo a denominación de “Tui contra a violencia de xénero” para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que conta con actividades para a concienciación social dirixidas á toda a sociedade.