Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A parroquia tudense de Guillarei declarada coma priorizada no PLADIGA 2026

22/05/2026

O concello de Tui lembra a obriga de manter limpas as faixas secundarias antes do 31 de maio.

A parroquia tudense de Guillarei foi declarada coma parroquia priorizada no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, PLADIGA 2026.  Por este motivo as persoas responsables das parcelas afectadas nesta parroquia pola rede secundaria de faixas de xestión de biomasa poden subscribir un contrato voluntario de xestión de biomasa coa empresa pública SEAGA, grazas ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e SEAGA ao que está adherido o Concello de Tui. 

Aquelas persoas que o desexen poderán subscribir un contrato para que SEAGA se encargue dos traballos de limpeza e desbroce, cun prezo de 420 euros por hectárea e anualidade, ou a parte proporcional correspondente segundo a superficie da parcela. Para acollerse a este servizo e formalizar o correspondente contrato deberán acudir ao Concello para facer a tramitación.

Por outra o Concello de Tui lembra que o vindeiro domingo 31 de maio remata o prazo para realizar os traballos obrigatorios de limpeza de parcelas e xestión da biomasa vexetal nas faixas secundarias de protección contra incendios en todo o termo municipal, tal e coma establece a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Unha vez rematado este prazo, o Concello de Tui poderá proceder á execución subsidiaria das actuacións necesarias, repercutindo os custos da xestión da biomasa.

A información sobre as parcelas incluídas nas faixas secundarias de xestión de biomasa pode consultarse no Departamento de Medio Ambiente municipal ou a través de o visor de faixas da Xunta de Galicia.

Visor Faixas 

Bando - Prevención de Incendios e limpeza de parcelas

Bando - A parroquia de Guillarei declarada coma priorizada no PLADIGA