Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa

30/04/2021

Será o próximo mércores, 5 de maio, ás 20 h, na casa do concello

O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.

Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.

Para informar de xeito pormenorizado do Programa Rexurbe o próximo mércores, ás 20 h, no salón de sesións da casa do concello haberá unha reunión informativa para todas as persoas interesadas. Participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e o director xeral do IGVS, Heriberto García.

As persoas interesadas poden contactar tamén coa Área de Rehabilitación os martes e xoves de 9:00 a 14:00 h, ou enviar un correo a  ari@tui.gal.

 Resumo programa Rexurbe 2021

 Ámbito programa Rexurbe 2021