Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz deciden de xeito conxunto a non apertura das piscinas

14/06/2021

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.

Se ben o ano pasado abrir as piscinas supuña un risco extremo dada a situación pandémica, este ano tampouco parece viable unha apertura en base as restricións impostas dende o Ministerio de Sanidade xa que pouco varían respecto ás de 2020, establecese unha ocupación aforo do 50% mantendo as distancia de seguridade, nos vestiarios e zonas de ducha unha ocupación máxima do 30%. A esto engadese, a obrigatoriedade de establecer turnos de uso con reserva de cita previa, limpeza e desinfección despois de cada uso, co peche temporal que conlevan estas tarefas, a reducción do espazo nas zonas de estadía das piscinas.

Estes catro Concellos teñen o problema engadido de que as súas piscinas son visitadas cada verán por un gran número de usuari@s, polo que as connuas labores obrigadas de limpeza e desinfección dos vasos, zonas de estar e vestiarios perxudican notablemente obxecvo destas piscinas, que son a comodidade e o lecer dos seus veciños e veciñas, que se verían interrupidos constantemente.

É por iso que tras valorar a situación e analizar dedamente as continxencias propias dunha apertura segura para todos e todas, vemos que o cumprimento das restricións choca frontalmente coa finalidade que teñen este po de instalacións. Polo tanto, os catro Concellos chegaron á dicil decisión conxunta de NON ABRIR as piscinas tampouco en 2021, desexando que a evolución da COVID sexa favorable e faga máis flexibles as restricións para poder garanr deste xeito unha apertura segura e que cumpra coas expectavas dos veciños e veciñas.

Estes Concellos aproveitarán para facer as melloras oportunas nas súas respecvas piscinas cara unha nova apertura.