Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo recibiu 5.5780 consultas nos meses de outubro e novembro

3/12/2010

A Oficina Municipal de Turismo recibiu 5.5780 consultas nos meses de outubro e novembro
Os días de máis visitas neste servizo foi 11 de outubro e o 1 de novembro

Venres, 3 de decembro de 2010.  Un total de 5.780 consultas recibiu nos meses de outubro e novembro a Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui situada no Paseo da Corredoira. Deste total 4.420 foron demandas de información por parte de turistas nacionais, e as 1.360 restantes de estranxeiros.

Por meses outubro tivo un total de 3.822 consultas de turistas nacionais e 598 de turistas estranxeiros. O día en que máis persoas pasaron por este punto de información foi o luns 11 de outubro, coincidindo coa Ponte do Pilar. A meirande parte dos turistas nacionais ao longo do mes de outubro foron madrileños con 1.310 consultas, seguidos dos cataláns con 353. En canto aos estranxeiros os portugueses con 215 demandas de información están a cabeza seguidos dos franceses con 101.

Amais pasaron pola Oficina 284 peregrinos dos que 210 eran españois e 74 estranxeiros. En canto a procedencia andaluces e alemáns están a cabeza respectivamente entre os nacionais e os internacionais.

Xa no que respecta ao mes de novembro foron 1.360 os turistas que pasaron pola Oficina de Turismo, dos que 1.102 eran nacionais e 258 estranxeiros. O día en que máis consultas se realizaron foi o luns 1 de novembro. No mes pasado case a metade dos turistas nacionais proviñan de Madrid, con 449 consultas no posto de turismo, mentres que os portugueses seguen a encabezar o turismo estranxeiro.

En canto aos peregrinos en novembro foron 101 os que pasaron por este punto de información. Neste mes a maior parte deles (77) eran estranxeiros e o resto (24) nacionais.

A Oficina Municipal de Turismo abre de luns a venres de xeito ininterrompido de 10 a 20h, e as fin de semana de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, destaca que os datos recollidos pola Oficina Municipal de Turismo ao longo dos dous últimos meses destaca a liña marcada ao longo de todo o ano de incremento no número de turistas e peregrinos co gallo do Ano Santo e tendo en conta o feito de que Tui é a Porta de Entrada do Camiño portugués a Galicia. Destaca amais o feito de que fóra da época estival séguese este ano a ofrecer o servizo de información turística ata finais de ano, o que permite brindar aos visitantes a información de interese que demandan.