Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo atendeu en maio 2.713 visitantes

8/06/2022

Do total de persoas que se achegaron até este punto de información 1.209 eran de peregrinos e 1.504 turistas

O número de visitantes rexistrados na Oficina Municipal de Turismo durante o mes de maio foi 2.713, dos que 1.209 foron peregrinos (607 de procedencia internacional e 602 nacionais) e 1.504 turistas (1.216 nacionais e 288 de procedencia internacional). En total, o número foi algo inferior ao mes de abril, mes de Semana Santa no que hai un maior número de visitas.

O desglose do datos estatísticos permite comprobar como os 602 peregrinos españois procedían maioritariamente da Comunidade de Madrid (236),  e a moita distancia da propia provincia de Pontevedra (67), seguindo por Valencia (34), Barcelona (42), Cádiz (32), Sevilla (26), Las Palmas (20) …

Pola súa banda os 607 peregrinos de procedencia internacional atendidos na Oficina de Turismo tudense tiñan como orixe, en primeiro lugar, Alemaña con 196 peregrinos, seguidos por EEUU (79), Italia (74), Portugal (50) Reino Unido (43), Países Baixos (27), Brasil (19)...

No que atinxe aos turistas, dos 1.216 turista atendidos, 224 eran visitantes da propia provincia de Pontevedra, seguidos por turistas chegados dende Madrid (127), Baleares (115), A Coruña (93), Palencia (93) ou Biscaia (41)... Pola súa banda os 288 turistas internacionais que consultaron información na Oficina de Turismo eran oriúndos maioritariamente de Portugal (86) pero tamén de nacións mais distantes xeograficamente coma Países Baixos (58), Francia (27), Arxentina (26), EEUU (16), Alemaña (12) ou Canadá (10).

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, estes datos estatísticos, que recollen unicamente os datos de atención ao público da Oficina Municipal de Turismo, posúen un alto valor estimativo por canto reflicten o dinamismo do sector turístico tudense, que contribúe ao desenvolvemento socio-económico da cidade. Para Enrique Cabaleiro este  continuo incremento de visitantes e peregrinos é unha oportunidade para mellorar a calidade da oferta turística de Tui e traballar conxuntamente, o sector privado e as administracións públicas, para acadar unha alta satisfacción pola hospitalidade e os produtos ofertados aos nosos visitantes que favoreza o posicionamento da nosa cidade no ámbito turístico.