Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina de Turismo recibiu 7.416 consultas en xullo

6/08/2010

Rexistrouse un importante número de pernoctacións nos establecementos hostaleiros

A Oficina de Turismo recibiu 7.416 consultas en xullo

Foron o dobre que no mes de maio e 3.200 máis que en xullo de 2009.

 

Venres, 6 de agosto de 2010. Un total de 7.416 persoas pasaron durante o pasado mes de xullo pola Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Deste total 6.555 eran turistas nacionais, mentres que os 861 restantes eran estranxeiros. O día en que máis consultas se realizaron na oficina de turismo foi o martes 20 de xullo con 464 persoas que demandaron información.

 

Os datos de consultas rexistrados en xullo duplican os do mes de maio, e superan en 3.200 as persoas que en xullo do ano pasado se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo.

 

Os madrileños foron os turistas nacionais que en maior número pasaron por este punto de información con 1.977 consultas, seguidos de andaluces con 1112, e de castelá-leoneses con 576 consultas. Houbo turistas das 17 comunidades autónomas e da cidade de Ceuta.

 

No que se refire ao turismo estranxeiro houbo consultas de cidadáns de 37 países entre os que están Australia, Brasil, Corea, Canadá, Xapón, Hawai, Letonia, Rusia ou Polonia. A meirande parte de consultas por cidadáns estranxeiros foron realizadas por portugueses con 181 persoas que se achegaron á Oficina Municipal, seguidos de franceses con 121 consultas, e de alemáns con 106.

 

Na Oficina Municipal de Turismo tamén demandan información sobre o Camiño de Santiago un bo número de peregrinos. Así en xullo houbo un total de 762 persoas que ían realizar o Camiño, das que 640 eran españois, e 122 estranxeiros. Entre os peregrinos nacionais os que máis consultas realizaron están os madrileños con 256, seguidos de andaluces con 210. Mentres entre os estranxeiros están a cabeza os italianos con 30 persoas que se achegaron ata este punto de información, seguidos de alemáns e portugueses, con 18 consultas cada un deles.

 

Por outra parte a Oficina Municipal de Turismo elaborou un informe sobre o número de pernoctacións ao longo dos 31 días do mes de xullo, que foi considerablemente superior a de meses anteriores. Á cabeza no nivel de ocupación estivo o Parador de Turismo, o Hotel Colón, seguido do Hotel Alonso I. Amais houbo doce persoas que pernoctaron na cidade en Autocaravana, e outras inclináronse polas pensións ou as casas de turismo rural que hai na cidade, así coma polo albergue privado que existe.

 

O Concelleiro de Turismo,