Ofertas de Emprego Público no Concello de Tui
18/01/2007
Ofertas de Emprego Público no Concello de Tui
            O concello de Tui, dentro da Oferta Pública de Emprego, convoca proceso de selección para a contratación de 2 auxiliares da Policía Local e 1 Auxiliar de Cultura.
            Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do concello, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da aparición do correspondente anuncio no xornal Atlántico Diario (publicado o 17/01/2007).
            Para máis información poden dirixirse ás oficinas do concello de Tui
Na sección "Anuncios e ofertas de emprego" están dispoñibles as bases das convocatorias e os impresos de solicitude
 
 



