Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiros para alumnado de 6º de Primaria co gallo do Día Mundial Sen Tabaco

30/05/2022

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui levou a cabo unha serie obradoiros dirixidos ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Rebordáns e do CEIP nº2 con motivo do Día Mundial Sen Tabaco que se celebra mañá, 31 de maio. 

Nestes obradoiros o alumnado recibiu información sobre os efectos nocivos do tabaco. Nos mesmos elaboraron cartas dirixidas a fumadores, tanto para animalos a deixar o tabaco, coma agradecerlles o esforzo a aqueles que foron capaces de deixar este hábito.

O 31 de maio celébrase o Día Mundial Sen Tabaco, promulgado pola Organización  Mundial da Saúde (OMS) en 1987, co obxectivo de informar e concienciar sobre os efectos nocivos e letais do consumo de tabaco e da exposición pasiva ao fume desta substancia.