O xurado elixiu aos dez finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal
Ábrese agora a votación a través da aplicación Easy Promos até o 6 de xaneiro
O xurado do I Concurso de Escaparates de Tui elixiu xa aos dez finalistas. Agora ábrese a votación a través da aplicación Easy Promos até o 6 de xaneiro. Os tres establecemntos que obteñan máis votos recibirán 10, 6 e 2 puntos, respectivamente. Os finalistas son:
- Matilde y Rosana S.L. (Abalorios Myr)
- Cucapuntoes
- Floristería La Flor
- Naldo Costas
- Horta Verde
- Ideas
- Pinturas Damián Domínguez
- Cucadas
- Döce Ópticos
- Joy Baby
O xurado está formado por Arminda Espiño, deseñadora; Miguel Pereira, técnico de iluminación; Sara Quintana, guía turística; Hilenia Iglesias, escaparatista; Lucía Beatriz Silva, deseñadora; Verónica Gómez, organizadora de eventos e Natalia Lago, educadora ambiental
O 9 de xaneiro darase a coñecer aos tres gañadores que recibirán 300 €, 200€ e 100€ euros de premio.
Amais entre todas as persoas que participen na votación sortearanse seis vales de compra por importe de 50€ para consumir nos comercios participantes.
Lembra que este Nadal “O que queres para a túa mesa de Nadal está en Tui” e “Os agasallos que queres están en Tui”.