Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro mercores comeza "Play Doc - III Festival Internacional de Documentais de Tui"

15/03/2007

O próximo mércores día 21, será inaugurada de xeito oficial a terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. A sete días vista ultímanse os preparativos dun evento que volverá converter a Tui en Capital do Documental.

O Teatro Municipal será o escenario das proxeccións que se celebrarán xoves, venres e sábado ás 12, 16.30, 18.30, 20.30 e 22.30, e o domingo nas sesións de tarde. O mércores a inauguración será ás 8 e haberá unha proxección ás 21.00h e outra ás 22.30h.

Entre as actividades paralelas está o Foto Documental, o concurso Play-Avid Doc, e os concertos.

Os directores de Play-Doc, Ángel Sánchez e Sara García, acudían a sintonía da RMT para falar dos documentais que se van proxectar. Na sección Globalización e Medio Ambiente poderemos ver Bullshit. Será presentada pola súa directora o mércores á noite.

A outra película é unha produción mexicana titulada Maquiapolis.

Play-Doc vai ter este ano un xurado de carácter internacional con nomes de primeiro nivel. Sara García explicaba que deron un paso máis na internacionalización do festival coa selección dos membros do xurado, ao tempo que é tamén síntoma de calidade.

En Tui están xa á venda os abonos do festival ao prezo de 12€, incluíndo unha consumición gratuíta e 2€ de desconto para os concertos. Pódense adquirir en O Irlandés e no Café Amadeus

Máis información en www.play-doc.com