Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro lúns entra en vigor a "Zona azul" nas rúas Calvo Sotello, Foxo, Rosa Bahamonde e a súa travesia e González Besada

20/06/2008

O próximo luns entrará en vigor a Zonal Azul no Concello de Tui

Aplicarase nas rúas nas rúas Calvo Sotelo, Foxo, Rosa Bahamonde, travesía de Rosa Bahamonde e Augusto González Besada.

A Concellería de Tráfico e Policía Local do Concello de Tui informa que o próximo luns, día 23 de xuño, entrará en vigor a ordenanza da Zona Azul de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Aplicarase nas rúas Calvo Sotelo, Foxo, Rosa Bahamonde, travesía de Rosa Bahamonde e Augusto González Besada.

A Zona Azul aplicarase de 9 a 13 e de 16 a 21h de luns a sábado, mentres que os domingos e festivos non se restrinxirá o aparcamento. Os vehículos poderán estacionar un máximo de hora e media, e non se poderá estacionar de novo na mesma rúa até pasadas dúas horas.

Dende a Concellería de Tráfico fan fincapé en que todos os vehículos deben colocar os discos en lugar ven visible no coche para poder ser controlados pola Policía Local.

Os discos están a disposición dos usuarios nas oficinas do Concello de Tui e nos establecementos asociados de ACITUI, e teñen un prezo de 0,49€.

Segundo a ordenanza reguladora da Zona Azul considerarase infracción leve sobrepasar o límite horario ou volver estacionar na mesma rúa antes de que pasen dúas horas. A sanción será de 24€. Mentres que será unha infracción grave modificar a hora de chegada despois do estacionamento, e non ter disco comprobante. Neste caso a sanción que se imporá ascenderá a 36€.